22/6/09

REVISTA ESCOLAR NOVIÑA

O TREN DA LINGUA


Os nenos e nenas de cinco anos de Ed. Infantil e os do primeiro Ciclo de Primaria participaron na actividade organizada por Caixa Nova " O Tren da Lingua".
O obxectivo desta fantástica viaxe é a de fomentar o uso da lingua galega entre os máis pequenos.
A viaxe a Betanzos resultou moi divertida xa que para moitos nenos era a primeira vez que utilizaban este medio de transporte e ademáis durante a viaxe dous animadores amenizaron o traxecto cos seus contos.

22/5/09

OS NOSOS AGASALLOS


Ola, bos días, gústanvos os agasallos? A min si. Pois no colexio Unión Mugardesa fixemos un agasallo, unha palabra en galego.

Os profesores déronnos uns papeis para os nosos pais e para nós, e tiñamos que escribir unha palabra, por suposto en galego.

A palabra que máis me gustou era bolboreta, e a vós?.

Logo tiñamos que pintar o papel con cores e ademais tiñamos que colorear un lazo ou poñelo por riba con algún que outro papel ou lazo. No papel atopábase debuxado un agasallo e dentro del, un rótulo onde habia que poñer a palabra que mais nos gustaba. Conseguimos máis de 300 palabras para agasallar, as que máis se repetiron foron:
Bolboreta - 22 veces.
Agarimo - 11 veces.
Bicos - 8 veces.
Morriña -7 veces.

E houbo moitas outras palabras tan bonitas como: lucecú, furacá, lúa, anel, meixelas, pintasilgo, etc. E tamén frases moi nosas como: festa rachada, Es parvo, ou que?, e ti de quen ves sendo?. E unha que hai que decila máis baixiño: arre carallo!.

6/5/09

LETRAS GALEGAS 2009

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a figura de Ramón Piñeiro. Para coñecer detalles da súa vida e obra aquí tedes un video elaborado polo ENDL do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia.




30/4/09

AGASALLO UNHA PALABRA

Pensa nunha palabra/expresión galega que che guste pola súa sonoridade, polo seu significado, por esquecida, por orixinal, polos recordos que che traia, por ser moi nosa...e mándanola.
Formará parte dunha exposición que durante o mes de maio estará no colexio.
Ao remate da mesma recibirás como agasallo unha destas palabras.
Animádevos a participar!!

24/4/09

DIA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro. Entre todos os nenos e nenas do cole fixemos un conto. Os alumnos de sexto empezaron a historia e , durante toda a mañá , foi pasando polas aulas ata rematar en educación infantil
Apetéceche ler A cidade dos animais?