MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS
Para completar a exposición sobre o mundo da banda deseñada que temos durante este trimestre no colexio, o pasado venres visitounos Anxo Fariña. Sara ,Antón, Rubén e Álvaro de cuarto vannos contar como viron eles esta visita.
" Anxo Fariña é un debuxante e escritor de libros para nenos e nenas de todas as idades.Explicounos que podemos facer debuxos ou historias a partir dos obxectos que nos rodean e fíxonos unha demostración: debuxou un lapis, unha goma e un afila e creou uns personaxes e unha historia.
Contounos que facer un debuxo ben feito non era cousa dun minuto se non de días.Contounos tamén que moitas veces tárdase máis en facer os debuxos que o propio conto.
A partir dun compañeiro noso, inventou un personaxe fantástico.
Para rematar presentounos o seu libro " Os Megatoxos".
A tí que che pareceu a visita?Deixa o teu comentario.
14/5/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Anxo Fariña debuxa moi ben e os seus libros estan moi ben.
Almudena de 4º. A min gustoume moito o libro de Anxo Fariña
molaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!el libro
Raquel de 4º a min gustoume o libro de Anxo Fariña por que os persoaxes eran moi divertidos a min encantoume.
A nos gustounos moito o libro dos MEGATOXOS.Haber se o ano que ven temos o segundo libro.
Irati 4º a min me gustou moito por os debuxos e os personaxes e foi de mitas aventuras gustoume moito e os poderes que tiñan Ninfa,Lua,Faisca e Ruxe.
LUCÍA DE 4º. El libro de Anxo Fariña mola moito e a min me gusta Ninfa pero tamen me molan os demais debuxos.
Un saudo de Lucía!
Brais Seoane gusano de 10 anos .Gustoume moito o libro dos Megatoxos e espero ler a segunda parte.
gustounos moito o libro de ANXO FARIÑA Os Megatoxos.
Anxo é un bo debuxante.Eu creo que vai a ter un bo futuro de debuxante.
Eu son Carla e digo que Anxo ten libros para todos seguro que faise famoso e todo co ben que debuxa e escribe noraboa polos Megatoxos
Publicar un comentario